lunes, 18 de mayo de 2009

Cume de estilo nas Termas

--------------------------------------------------------------------------------

Etiquetas: Darek, desfile, moda, Lugo, centro comercial

12/05/2009 - Marta Becerra (Lugo)

O máis elegante que ofrece o comercio téxtil de Lugo poderá ser apreciado o xoves 14 de maio no centro comercial As Termas, na cuarta edición do desfile de moda que organiza o complexo comercial e de lecer, que se presenta este ano máis reforzado que nunca. A xerente adxunta do centro, Cristina Pérez, presentou a iniciativa acompañada de Fernando Mato, responsable da compañía Animatium e director do evento, e Santiago Pato, coordinador do desfile. Pérez destacou que este proxecto resulta «unha plataforma para promocionar» o comercio lucense e, de paso, a carreira incipiente dalgúns modelos que desde o ámbito afeccionado entran no desfile pola vía do cásting.

Para Pato, a pasarela está «plenamente afianzada», tal e como o proba «o incremento de firmas que se sumaron ao desfile se se compara coa edición do ano pasado». Participarán na modalidade de adultos os comercios Cortefiel, Geox/Krack, Inside, Bijou Brigitte, Amichi, Misako, Rec Store, Natura, Emplata, Calcedonia, José Luís Xoierías, New Yorker, Artevella, Leder, Ferrero The Hall e Multiópticas Callao.

O número de empresas que participan este ano na pasarela aumentou nun cincuenta por cento con respecto ao ano pasado, segundo expuxo o coordinador do desfile, que estima que ese aumento obedece a que «os comercios ven que este é un trampolín frutífero a nivel de vendas». Ademais, no pase de moda xuvenil e adulto colaboran Areal, Perfumería IF e Aki Bricolaxe.

Pero, como a ocasión —«o desfile de moda máis importante da provincia», apreciou Pato— o merece, a presentación non correrá a cargo dun descoñecido. A organización confiou no modelo polaco Darek, popular polas súas aparicións en televisión e prensa rosa debido aos seus romances, para que exerza de mestre de cerimonias.

Sobre a pasarela desfilarán 24 modelos, dos cales a metade son profesionais; os outros doce intentan abrirse paso no mundo da moda e participarán no pase logo de superar unha proba de selección. A dous deles, As Termas entregaralles un premio unha vez concluído o desfile: «Serán elixidos dous dos modelos que proceden do cásting para protagonizar a próxima campaña primavera-verán do centro», confesou Cristina Pérez, que citou a Borja e Denisse, os seleccionados da pasada edición, como exemplo das posibilidades que abre esta pasarela.

A partir das 18.00 horas, o desfile de moda infantil, presentado por Gema Pardo e Alberte Cabarcos, mostrará os produtos das marcas Amichi, Imaginarium, Eroski, Geox/Krack, Rec Store, Schuss, Funky Fish, Leder e Cogomelo Máxico. Os modelos, todos afeccionados, serán nenos lucenses. Resultará un preludio á altura dunha actividade de enxunlla na que tamén achegan o seu granito de area Localia Telelugo, SPA Gran Hotel Lugo e Miriam Souto Peluqueros.



Una serie de modelos el jueves dia 14 competimos por el titulo modelo de las termas consiguiendolo finalmente Xairo y Miriam fue una jornada donde se disputo una gran tension porque los favoritos variaron mucho entre el publico ademas contamos con Darek una chico joven que muchas personas dr llevaron una decepcion por su bordura

No hay comentarios:

Publicar un comentario